Novos erros na autovía desatan as críticas dos veciños de Palmeira

    ponteventin_100_190208.jpgRIBEIRA > Os veciños de Palmeira veñen de amosa-lo seu malestar pola construción dunha ponte superior sobre a autovía no lugar de Ventín.

    {flowplayer}barbanza/ponteventin.flv{/flowplayer}

    Se en anteriores ocasións foran os veciños de Rianxo, Dodro ou Pobra do Caramiñal os que se queixaban do resultado das obras da autovía do Barbanza, agora os que amosan o seu malestar con esta actuación son os veciños de Palmeira.

    O foco das críticas, unha nova ponte na zona de Ventín, que une esta parroquia ribeiresa con Moldes, cun tamaño inferior á anterior, e que debido á súa escasa anchura non permite o paso de dous vehículos á par. Dase a circunstancia ademais que esta vía de comunicación é empregada diariamente por un gran número de vehículos.

    Iniciativas parlamentarias

    O deputado do Partido Popular, Manuel Ruíz, fíxose eco tamén desta denuncia dos veciños de Palmeira. Así anunciou que xa ten presentado varias iniciativas parlamentarias nas que solicita o inmediato arranxo da ponte.

    Ruíz Rivas sinalou ademais de que ó longo de toda a autovía estanse a realizar numerosos incumprimentos do proxecto inicial que non veñen máis que a beneficiar á empresa adxudicataria.

    Redacción Barbanza