OAP Galicia mobilizarase se non se mellora o Estatuto do Autónomo

    oapgalicia_100_170107.jpgPOIO > A Federación de Profesionais e Autónomos de Galicia está disposta a mobilizarse se non consigue melloras no Estatuto

    … do Traballador Autónomo. O colectivo celebrou onte unha reunión en Combarro á que asistiu un centenar de traballadores por conta allea que secundaron esta iniciativa.

    oapgalicia_200_170107.jpgConapi e OAP Galicia seguen na súa teima por introducir melloras no texto do Estatuto do Traballador Autónomo antes de que se aprobe no Parlamento a través de reunións en Madrid cos distintos grupos políticos. En Galicia, a Federación presidida por José Conde está a celebrar charlas informativas para achegarlle ós traballadores por conta allea as coberturas e deficiencias que ven no novo texto legal.

    A principal queixa por parte de OAP Galicia é que este estatuto busca principalmente a legalización do que eles denominan falso autónomo, a persoa que traballa para unha empresa pero con réxime de autónomo dependente. A Federación está de acordo coa súa regulación pero non a costa do autónomo de toda a vida. Neste sentido critican que no Estatuto non se mencione o contrato a familiares directos, tampouco coberturas sociais en caso de baixa por enfermidade ou maternidade e a nivel fiscal ven que se lles seguirá tratando como se fosen unha empresa multimillonaria.

    Redacción Salnés