A policía local de Cambados percorrerá a cidade en bicicleta

    polis_bici_copy100.jpgCAMBADOS> Trátase dunha iniciativa de mobilidade do concello que busca transmitir unha imaxe máis fresca e nova do corpo. Contan coa formación necesaria para proporcionar información turística completa ós visitantes.

    {flowplayer}images/salnes/Cambados_bicis.flv{/flowplayer}

    Cambados conta desde hoxe cunha policía local máis próxima ó cidadán. Un grupo de seis axentes cambiarán a moto pola bicicleta para patrullar o casco vello e ofrecer unha atención máis personalizada.

    Os policías voluntarios desta iniciativa pioneira en Galicia traballaron con técnicos de turismo do propio concello, polo que contan coa formación necesaria para proporcionar información turística completa ós visitantes.

    Do novo servizo tamén destaca o seu carácter ecolóxico e pedagóxico, xa que pretende fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte entre os máis cativos da vila.

    Redacción Salnés