Máis de 750.00 euros para fomentar a ruta do Viño das Rías Baixas

    ruta_albarino_copia100.jpgPONTEVEDRA>  Este é o resultado dun convenio firmado entre a Deputación, a Xunta, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas e a Asociación desta ruta. O Salnés e do Rosal serán as que concentren os esforzos.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}

    Con este convenio búscase promocionar o turismo en torno ó viño Albariño Rías Baixas, completando a oferta coa riqueza patrimonial das dúas subzonas principais. A comarca do Salnés é a de maior actividade, conta con catro itinerarios diferentes, e sitúase á cabeza en canto a número de asociados. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, resaltou a importancia da iniciativa para o sector.

    O convenio tamén ten como obxectivo fomentar o turismo na súa tempada máis baixa, traballando en dar a coñecer actividades como a vendima. O 50% do orzamento estará destinado á promoción dos asociados.

    Bodegas, hoteis, mosteiros e outros establecementos forman parte da iniciativa. Os asociados aparecerán nas sinalizacións dos camiños, e as súas características e oferta de actividades detallaranse nos folletos informativos que se entregan ós turistas.

    O convenio terá unha duración de tres anos. A partir de 2013, os organimos esperan que a ruta poida manterse con recursos propios, mediante un aumento dos asociados que, en 2011, deberían superar o centenar.

    Redacción Salnés