Farjas presenta a adxudicación definitiva do Hospital Único

    pilar_farjas_copia100.jpgPONTEVEDRA> A Consellería de Sanidade da un paso máis cara a construcción do novo Hospital. Esta mañá presentouse a adxudicación definitiva da redacción do proxecto sectorial que contará cun orzamento de 880.000 euros.

    {flowplayer}images/salnes/CONSELLEIRA_SANIDADE_MONTECELO.flv{/flowplayer}

    A Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, anunciou esta mañá a adxudicación definitiva da redacción do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, anteproxecto e prescricións técnicas. Foi outorgada a unha UTE por un valor duns oitocentos oitenta mil euros. Esta disporá agora de cinco meses para a redacción do proxecto e tentará dar resposta ás demandas da poboación.

    Este novo centro que se construirá no Monte Carrasco contará cunha superficie de 150.000 metros cadrados no que terán cabida máis de setecentas camas e trinta e dous quirófanos. Todo, co obxectivo de converterse no Hospital do futuro.

    A Conselleira tamén indicou que o seu departamento está a traballar na elaboración do Plan Funcional da Área de Pontevedra que se presentará nos vindeiros meses.

    Redacción Salnés