POBRA> O alcalde da Pobra anunciou esta mañá as obras de mellora do Campo de fútbol da Alta. Á espera de conseguir o finaciamento necesario, nestes momentos xa traballan no proxecto. O anuncio fíxoo hoxe, coincidindo coa presentación das novas gradas doutro campo pobrense, o de Cadreche. A cuberta das gradas do Campo de fútbol da Alta, na Pobra, atópase desde hai tempo nun estado lamentable, e mesmo perigoso, nos días nos que hai temporal. Unha situación cuxa solución, tal e como anunciou o alcalde durante unha visita esta mañá ó campo, está encamiñada. Un estudo de arquitectura está traballando xa sobre o terreo, para analizar as distintas posibilidades de reparación ou reforma, pero o gran problema, é o financiamento. Un estudio de arquitectura do concello pobrense está realizando a valoración das actuacións a realizar. Unha posibilidade sería a reparación das vigas que soportan a estrutura, en pésimo estado; e outra facer directamente unha cuberta nova, se é que a rehabilitación é tan custosa que pagase a pena unha nova obra. O alcalde asegurou que, de tódolos xeitos, a día de hoxe non é viable facer ningunha das dúas actuación, ata que se teñan novos presupostos aprobados, ou se conte coa axuda doutras institucións. Afirmou tamén que xa mantivo contactos nestes sentido coa Deputación da Coruña. No caso do Campo de fútbol de Cadreche, hoxe presentáronse as novas gradas. Unha inversión de 42.000 euros con fondos propios foi necesaria para esta actuación. Tamén se destinarán uns 54.000 euros do Plan Único Provincial a este espazo deportivo, previstos para acondicionar o aparcadoiro e o peche perimetral do campo.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/16/actuacions_campos_futbol_pobra_160320171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/16/actuacions_campos_futbol_pobra_16032017.mp4{/flowplayer}