APECO e a Deputación da Coruña promoven a inserción laboral

    POBRA> A Deputación da Coruña asinou un convenio de colaboración coa Asociación do Pequeno Comercio da Pobra para a inclusión laboral das persoas con discapacidade no sector do comercio. O proxecto contempla, na súa primeira fase, o estudo e posta en marcha dun programa formativo dirixido a persoas cun grao de discapacidade igual ou superiores ó trinta e tres por cento. A deputada da área de Servizos Sociais, Ánxela Franco, defendou a necesidade deste tipo de iniciativas para promover a autonomía das persoas con diversidade funcional. A Deputación achegará preto de dezaseis mil euros para o financiamento do proxecto.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí