O PP provincial abre un expediente disciplinario a Villaverde

    louzan_copia100.jpgPONTEVEDRA> A cúpula dos Populares da provincia, consideran que as declaracións do ex edil, non respetan ó Partido e ós seus afiliados.

    {flowplayer}images/salnes/EXPULSION_VILLAVERDE.flv{/flowplayer}

    A Xunta Directiva do PP Provincial en Pontevedra decidiu abrir un expediente disciplinario ó ex edil popular, Fernando Villaverde, polas súas declaracións en contra da alcaldesa de Sanxenxo e do Presidente Provincial, Rafael Louzán.

    A propia Catalina González, xa presentara un escrito no PP provincial solicitando ó seu presidente que adoptase as medidas precisas para por fin a esta situación. Louzán asegura que Villaverde non está respectando ó partido nin ós seus afiliados senón os seus propios intereses.

    Ademais, Louzán asegura que o propio Villaverde foi unha das persoas que elixiu a Catalina González para encabezalas listas fai tres anos. Pídelle que recoñeza os seus propios erros. O Presidente Provincial do PP pide ó portavoz do Foro Popular que aclare quen forma parte desta agrupación.

    Louzán recoñeceu a necesidade da celebración dun Congreso Local en Sanxenxo pero non adiantou cando se vai a celebrar.

    Redacción Salnés