Flores e candeas para lembrar ós que xa non están

    todolossantos100.jpgBARBANZA> A festividade de Tódolos Santos segue a ter unha fonda tradición en toda Galicia.

    {flowplayer}barbanza/todolossantos.flv{/flowplayer}

    O tempo acompañou nesta xornada na que, de xeito paradoxal, os cemiterios énchense de vida. Xa dende ós días previos ó festivo, os camposantos rexistraron un constante goteo de visitas, especialmente daqueles que se afanaron en limpar e adornar as tumbas e nichos dos familiares.

    Aínda que hoxe é unha data especial para a lembranza dos que xa non están, para moitos é só un día máis xa que adoitan acudir ó cemiterio durante todo o ano.

    E é que á hora de honrar ós defuntos son poucos os que pensan en aforrar. Aínda que para aqueles fogares nos que a crise aperta sempre hai opcións máis económicas e non por ilo menos vistosas.

    Redacción Barbanza