![]()
PONTEVEDRA> Critican a resolución da Consellería de Industria. Segundo Carmen Gallego, a decisión incumpre o decreto aprobado no Parlamento, xa que os terreos onde está situada ENCE son de propiedade pública.
{flowplayer}images/salnes/PSOE_BIOMASA_LOURIZAN.flv{/flowplayer}
Non nos fiamos do PP. Así de clara foi a secretaria executiva de Medio Ambiente e deputada autonómica, Carmen Gallego, para explicar os motivos do recurso interposto. Segundo a socialista, a resolución aprobada pola Consellería de Economía e Industria, ten moitos defectos. Puntualiza o tema dos terreos que están baixo unha concesión que remata no 2018.
Gallego engade que ENCE só ten concesión para a elaboración de celulosa de eucalipto e que en ningún momento se puxo en contacto co goberno central para solicitar a instalación da planta de biomasa.
Segundo a deputada autonómica, o PP está actuando de forma hipócrita e demagóxica, xogando ó despiste para manter a mentira ata as eleccións municipais.
Carmen Gallego asegurou que os socialistas van utilizar todas as ferramentas que estean ó seu alcance para que o PP negocie outra alternativa con ENCE para situarse fóra da Ría de Pontevedra.
Redacción Salnés









