Mozos de Carreira denuncian que o concello se esquece da parroquia

    denunciamozoscarreira_100.jpgRIBEIRA> Nun dos mapas editados polo concello a parroquia de Carreira aparece moi reducida territorialmente, en favor da de Ribeira.

    Segundo eles esta non é a primeira vez que o executivo ribeirés esquece e menospreza á súa parroquia, poñendo como exemplo o caso acontecido no ano 2004, cando na páxina web municipal se eliminou a Carreira. Estes mozos representan a un amplo colectivo de persoas que a través das distintas redes sociais queren amosar o seu descontento coa postura do goberno local polo que xa presentaron unha queixa formal perante o rexistro municipal.

    {flowplayer}barbanza/denunciamozoscarreira.flv{/flowplayer}

    Pequenos erros

    Fontes municipais consultadas por esta redacción afirmaron de que efectivamente na elaboración dos ditos mapas existían pequenos erros, que non só afectaban a Carreira senón tamén a outras parroquias. Unha vez constatado o erro, dende o concello déuselle orde á empresa que se encargou da elaboración dos mapas a que procedera a súa corrección urxente. Está previsto que a partir da vindeira semana se proceda ó cambio de tódolos paneis.

    Redacción Barbanza