Este sábado arranca a campaña ‘Boiro, Compras con Corazón’ da ABE

BOIRO> Este sábado 16 arranca a campaña ‘Boiro, Compras con Corazón’ da ABE. A proposta comercial prolongarase durante unha semana ata o sábado 23.

Segundo explicou o presidente da entidade, Daniel García, trátase da campaña máis ambiciosa das levadas a cabo pola patronal boirense na súa historia.

A campaña ‘Boiro, Compras con Corazón’ rematará o sábado 23 de agosto cunha espectacular festa final na praza do Concello. Ese día terá lugar tamén o sorteo final de 5 mil euros en vales de compra.

Dende o Concello, que colabora coa iniciativa, destacaron a importancia desta campaña, para converter a Boiro nun polo de atracción.

A campaña está promovida pola ABE, coa colaboración do Concello, e conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio, que a recoñeceu como unha das cinco mellores de Galicia no programa ‘O teu comercio’.