Antón Riveiro Coello, fillo adoptivo de Boiro

BOIRO> Antón Riveiro Coello xa é fillo adoptivo de Boiro. A corporación aprobou por unanimidade o nomeamento do escritor nun pleno extraordinario celebrado o pasado sábado. Ó remate tivo lugar un acto institucional na casa do concello no que o homenaxeado expresou a súa gratitude por este recoñecemento.

A prolífica traxectoria literaria de Antón Riveiro Coello xunto co seu compromiso coa lingua proxectando a imaxe de Boiro cara o exterior fixéronlle merecedor dun dos recoñecementos máis insignes que pode outorgar o concello. O pasado sábado era nomeado oficialmente fillo adoptivo de Boiro, unha proposta dos equipos de Diamización Lingüística do concello que contou co apoio unánime de toda a corporación.

Ó remate do pleno celebrouse na casa consistorial un acto institucional no que o escritor agradeceu emocionado o recoñecemento dun pobo do que forma parte dende hai máis de dúas décadas.

O acto rematou coa intervención do alumado do municipio para dar lectura a diferentes textos do escritor referidos a Boiro e á comarca do Barbanza.