O polideportivo de Palmeira denominarase Alcalde Torres Colomer

    RIBEIRA> O Goberno levará esta proposta ó vindeiro pleno ordinario de xuño.

    O goberno municipal de Ribeira propón que o pavillón polideportivo, que se está a construír en Palmeira, se chame Alcalde Torres Colomer. Para oficializar tal denominación, o equipo de goberno de Manuel Ruíz levará a correspondente proposta ao pleno ordinario deste mes. Con esta denominación, Ribeira quere agradecerlle a Torres Colomer ó seu traballo a prol do municipio e a súa dedicación durante as cinco lexislaturas que foi alcalde (de 1991 a 2011). Cabe lembrar que este veciño de Ribeira ocupou outros cargos importantes como o de presidente da Deputación Provincial da Coruña, o de director xeral de Pesca e tamén o de presidente de Arousa Norte. Actualmente José Luis Torres, con 71 anos, ocupa un escano como senador nas Cortes Xerais, ademais de ostentar a presidencia da Xunta Consultiva do Parque Natural de Corrubedo. Segundo apunta o concello, o actual alcalde xa lle transmitiu o homenaxeado a súa intención hai uns días. O novo pavillón abrirá as súas portas este mesmo verán para ofrecer cantidade de servizos deportivos en 2.457 metros cadrados.