Fátima Rodríguez abandona a xerencia de Arousa Norte

    renunciaxerentearousanorte.jpgBARBANZA> Deixa o cargo tras máis de catro anos de intenso traballo á fronte da entidade para crear a súa propia iniciativa empresarial.

    {flowplayer}barbanza/renunciaxerentearousanorte.flv{/flowplayer}

    Aproveitando a celebración esta mañá dun pleno da entidade con carácter extraordinario, a actual xerente de Arousa Norte, Fatima Rodríguez, fixo oficial a súa marcha. Foron máis de catro anos levando a xerencia da mancomunidade. Tempo máis que suficiente como para facer un balance positivo do traballo realizado.

    Entre os proxectos desenvolvidos nestes anos, Fátima Rodríguez destaca dous. Por unha banda a iniciativa do Mapa Emocional Turístico e o turismo accesible para discapacitados.

    Consolidación proxectos

    De cara ó futuro Fátima Rodríguez sinala que Arousa Norte deberá traballar na consolidación dos proxectos actualmente en marcha, nos que é fundamental a simbiose entre Administración e empresarios turísticos.

    Redacción Barbanza