Desaparece sen deixar rastro unha moza de vintesete anos en Padrón

    desaparecida.jpgPADRÓN> Natividad Eitor Figuerou, unha moza de Padrón de vintesete anos, leva desaparecida dende o xoves a mediodía. O operativo de busca que se está a desenvolver non tivo resultados ata o momento e a escaseza de pistas sobre o acontecido está a sumir a amigos e familiares nunha fonda incertidume.

    {flowplayer}barbanza/desaparecidapadron.flv{/flowplayer}

    A moza mide 1’65, é morena co pelo longo e no momento da súa desaparación vestía pantalón negro, camiseta e bolso gris e cazadora vaqueira. Levaba documentación con ela pero pouco diñeiro. Un compañeiro de traballo deixouna a cincuenta metros da súa casa pero Natividad nunca chegou.

    Única pista

    Aínda que o seu teléfono móbil deixou de estar opertivo dende as dúas e media da tarde, unha testemuña afirma tela visto nun caixeiro automático ó redor das catro. Esta é a pista principal coa que traballa a Garda Civil que está a comprobar a súa veracidade a través das cámaras de seguridade da entidade bancaria.

    Dende o momento da súa desaparición, familiares e amigos puxeron en marcha un operativo de busca ó que tamén se incorporou Protección Civil. Polo momento, xa teñen rastreado as inmediacións da desembocadura do río Sar, a zona das brañas de Lestrove e o monte Santiaguiño sen atopar ningún indicio.

    Varias hipóteses

    Os seus amigos e compañeiros de traballo colocaron carteis coa foto de Natividad por toda a vila e concellos limítrofes e estenderán a busca cara Santiago, o Barbanza e o Salnés. Polo momento non descartan ningunha hipótese, mesmo a marcha voluntaria da moza posto que nos últimos días non atravesaba un bo momento.

    Colaboración cidadá

    Toda colaboración é pouca co fin de botar luz sobre as enigmáticas circunstancias que rodean o suceso posto que a pista de Natividad pérdese sen deixar ningún rastro. As persoas que poidan aportar algunha información de utilidade poder dirixirse ós teléfonos 665 802 873, 981 811 690 o 981 810 029.

    Redacción Barbanza