![]()
RIBEIRA> A lonxa de Ribeira converteuse no escenario dunha sonora protesta convocada conxuntamente polas asociacións de compradores maioristas e minoristas. Pretenden con estas medidas de presión que se restrinxa o acceso ós particulares para evitar o que consideran competencia desleal.
{flowplayer}barbanza/protestacompradoreslonxa.flv{/flowplayer}
Aínda que non eran moitos, os manifestantes que se concentraron este xoves na lonxa de Ribeira conseguiron entorpecer a actividade dos vendedores. Ó grito de ‘fóra particulares’, maioristas e minoristas percorreron as instalacións da rula, protagonizando unha sonora pitada coa que querían facer chegar as súas reivindicacións ás autoridades.
Máis control
Ademais da restricción do acceso a particulares, os compradores esixen un maior control no recinto non só por motivos de seguridade senón tamén de hixiene.
Ata as nove da noite, os manifestantes seguiron coa súa protesta para chamar a atención sobre unha situación que se prolonga xa demasiado tempo. Insisten en que non queren estar sempre de folga, senón traballar pero con dignidade.
Redacción Barbanza









