A suba dos niveis de toxina confirma a prohibición do marisqueo na ría de Noia

NOIA> As novas analíticas confirmaron o incremento dos niveis de toxina da ría de Noia. Os mariscadores recibiron con malestar este peche posto que a volta a actividade estaba a ser do máis satisfactoria.

Máis de mil mariscadores permanecen en terra por mor dun episodio de toxina lipofílica que afecta á ría de Muros Noia. As primeiras analíticas arroxaron un resultado de 123 puntas, apenas por riba do límite que está en 120. Sen embargo, as análises posteriores confirmaron o avance da toxina polo que previsiblemente o peche se prolongará unha semana como mínimo.

Para a confraría, o peche non podía chegar en peor momento. Hai dúas semanas, os mariscadores volvían ó traballo constatando a abundancia de marisco e os bos prezos chegando o berberecho a dezasete euros o quilo.

No caso de prolongarse o peche máis aló dunha semana, a confraría non descarta alongar a campaña ata medidos de abril.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí