Os mariscadores de Ribeira paran todo o mes de maio para recuperar os prezos

    RIBEIRA> Os mariscadores de Ribeira permanecerán parados durante todo o mes de maio para dar descanso ó banco dos Miñoteiros onde retomaran a actividade. A caída dos prezos motivou este peche temporal no que agardan que a ameixa acade o tamaño comercial. Non é unha medida excepcional senón que tódolos anos, a agrupación de mariscadores de Ribeira deixa descansar as concesións durante un mes. Nesta ocasión permanecerán parados todo maio á espera de que a ameixa medre uns milímetros ata acadar o tamaño comercial. Agardan tamén que tras este parón se recuperen os prezos, en caída libre durante o mes pasado. En xuño volverán ó traballo na mesma zona onde viñan traballando, nas inmediacións de Coroso. As expectativas son moi optimistas dado que a alta demanda de marisco durante o verán tradúcese nunha suba da cotización. Aínda así, a campaña máis rendible, a da ameixa babosa, é a que se iniciará en outubro coa vista posta xa no Nadal con preto de dosucentos cincuenta mariscadores.