Medio Rural traballa nun novo plan de ordenación para o Parque Natural de Corrubedo

    juarez.jpgRIBEIRA> A Consellería de Medio Rural está a traballar na elaboración dun plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural de Corrubedo. O obxectivo é actualizar o documento ás novas esixencias normativas ó tempo que se contemplan algunhas demandas dos residentes nas inmediacións do parque relativas a cuestións urbanísitcas.

    {flowplayer}barbanza/visitaconselleiromediorural.flv{/flowplayer}

    O Conselleiro de Medio Rural anunciou a redacción deste novo plan no transcurso dunha visita ó parque natural de Corrubedo na que estivo acompañado polo director xeral de Conservación da Natureza e o delegado territorial da Xunta na Coruña.

    Samuel Juárez explicou que é preciso actualizar o regulamento que data do ano 1992 para adaptalo á Lei do Patrimonio Natural de 2007 e á Lei do Solo deste presente ano.

    Demandas veciñais

    Ademais o novo plan incluirá as demandas dos veciños que residen no contormo do parque, de xeito que se promova unha construción sostible, compatible coa conservación do espazo natural. 

    Dende hai anos a Consellería do Medio Rural vén colaborando na xestión e conservación deste parque que recibe ó ano máis de 350 mil visitas. Seguindo nesta liña, este xoves renovaron o convenio de colaboración no que a Xunta achega máis de trinta mil euros a destinar en tarefas de vixilancia e socorrismo.

    Rexeneración

    Durante a súa estancia no Barbanza, o Conselleiro de Medio Rural referiuse tamén ós recentes incendios que afectaron á comarca, especialmente ó concello de Boiro. Neste sentido, explicou que dende a Consellería están a estudar medidas para a rexeneración da superficie queimada.

    Aínda así puntualizou que a presente situación pouco ten que ver coa vivida en 2006 cando as riadas provocaron a chegada de cinzas á ría. Daquela, arderan máis de oitenta mil hectáreas.

    Redacción Barbanza