Embarcacións pneumáticas e Offshore disputan o campionato galego en Arousa

offshore copia.jpgVILANOVA> Preto dunha trintena de pilotos competirán este sábado polo primeiro posto na cuarta proba do campionato galego de embarcacións pneumáticas e na segunda da modalidade Offshore. As características dos vehículos e o disputado das clasificacións, farán que a emoción estea garantida. As probas desenvolveranse a partir das 16.00 horas.

{flowplayer}images/salnes/CAMPIONATO_GALEGO_OFFSHORE.flv{/flowplayer}

As augas da ría son o escenario escollido para as espectaculares competicións. Sete embarcacións pneumáticas e dez na categoría offshore loitarán polo primeiro posto. Os pilotos chegan cun escaso marxe de puntos ás que serán as penúltimas probas dos campionatos galegos. Está en xogo posicionarse para o título, que dende a Federación esperan que o ano que ven sexa puntuable a nivel estatal.

A partir das 16.00 horas comezarán as competicións. A que abrirá a xornada será a primeira de tres mangas para as pneumáticas, pequenas embarcacións que acadan grandes velocidades. Os circuítos de ambas carreiras alternaranse durante a tarde. A competición pecharase sobre as 6 e media coa terceira manga das offshore, embarcacións que garanten o espectáculo.

Con estas competicións, para a que se agardan unhas condicións meteorolóxicas máis que favorables, Vilanova sitúase como punto de referencia en España dentro destes deportes.

Redacción Salnés