Ramiro Villaverde abandona o cárcere de Teixeiro

    villaverdelibre_100.jpgSANTIAGO> A Audiencia Provincial de A Coruña decretou liberdade con cargos para o único imputado pola desaparición de María José Arcos.

    Ramiro Villaverde abandonou o cárcere de Teixeiro onde permanece dende o pasado oito de abril, despois de que o xuíz do Xulgado de Primeira Instancia de Ribeira decretara o seu ingreso en prisión como imputado na desaparición de María José Arcos.

    {flowplayer}barbanza/libertadevillaverde.flv{/flowplayer}

    O avogado de Villaverde presentou, días despois, un recurso de apelación perante a Audiencia Provincial para impugnar esta decisión xudicial. No escrito, Iván Núñez, indicaba que a situación procesal do seu defendido non cambiara en nada dende que María José Arcos desaparecera en 1995.

    No recurso tamén se mencionaba que os efectos atopados durante os rexistros realizados en varias propiedades do imputado non teñen ningunha relación co caso, polo que non existen probas que o incriminen na desaparición da santiaguesa.

    Cada quince días

    Asemade, o pasado luns, Villaverde acudía por segunda vez ós Xulgados de Ribeira. Desta volta, a xuíz si puido recoller a súa declaración, na que defendeu a súa inocencia.

    Pola súa banda, o avogado da familia Arcos insistiu, durante o proceso de tramitación do recurso de apelación, na existencia de “indicios suficientes” e de “contradiccións” na declaración do imputado.

    Tras a súa posta en liberdade, Ramiro Villaverde unicamente terá a obriga de presentarse perante o xulgado de Ribeira cada quince días.na espera de que remate as investigacións co xeorradar que dende este martes se están a realizar nas súas propiedades.

    Redacción Barbanza