PORTO DO SON> A Garda Civil e a Policía Local investigan o roubo de cen metros de pedra do muro de peche da casa da cultura de Ribasieira.
{flowplayer}barbanza/roubocasaculturaribasieira.flv{/flowplayer}
Non foi o único roubo que sufriu esta casa da cultura, xa que tamén lle foi subtraída a antena de televisión. Ademáis, hai uns días, desapareceron dous colectores do lixo nesta parroquia.
Colaboración cidadá
A edil de obras e servizos de Porto do Son fai un chamamento ós veciños para que colaboren coa investigación, dado que se trata de equipamento público que é propiedade de todos os sonenses.
O seguinte paso, explicou a edil de Obras, será poñerse en contacto ca empresa que executou as obras para reparar o antes posible os danos.
De momento, non se fixo unha valoración do material substraido pero Franco asegurou que se trata dunha cantidade elevada. Tamén se habilitarán barreiras físicas para impedir que vehículos non autorizados accedan ó recinto deste local.
Redacción Barbanza