Remata a actuación levada a cabo no lugar do Pozo

    remateobraspozo.jpgPOBRA>  O proxecto, financiado pola consellería de Medio Rural, ascendeu a máis de 195 mil euros.

    {flowplayer}barbanza/obraspozo.flv{/flowplayer}

    O alcalde, Isaac Maceiras, amosou esta mañá a súa satisfacción polo remate das obras de abastecemento de auga e saneamento levadas a cabo no lugar do Pozo, na zona de San Lázaro. A actuación, cun presuposto de máis de 195 mil euros, foi posible grazas ó seu financiamento por parte da consellería de Medio Rural.

    Colaboración veciñal

    O rexedor pobrés quixo agradecer tamén o execelente comportamento e as facilidades dadas polos veciños da zona para poder desenvolver esta actuación.

    Redacción Barbanza