Posta a punto dos colexios de cara ó inminente inicio de curso

    colexiospobra.jpgPOBRA> Os centros educativos xa están case a punto para o inicio do curso grazas a unha serie de subvencións que permitiron acometer reformas.

    {flowplayer}barbanza/arranxoscolexiospobra.flv{/flowplayer}

    Durante este verán, o concello da Pobra puido acometer unha reforma integral nas escolas unitarias da Granxa, Conchido, Campo-Angustia e Vilariño posto que contaou cunha subención de máis de 51 mil euros con cargo ó Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local.

    Accesibilidade

    A Deputación da Coruña tamén fixo unha aportación para a mellora dos centros escolares, cunha achega de máis de catorce mil euros para a construción dunha rampa accesible no colexio Fernández Varela. Neste centro, a brigada municipal está a acondicionar o tellado, a zona de xogos, a fachada e a construír uns baños adaptados para persoas con mobilidade reducida.

    Tamén estase a intervir nos parques infantís situados nas inmediacións dos centros.

    Redacción Barbanza