42 mestres estudan a biodiversidade do Salnés nas xornadas Candea

    profesores_lanzada_copia100.jpgO GROVE> A temática desta tarde foi o ecosistema de praias, dunas e areais. De aí que a Lanzada fose o escenario escollido para o estudo das súas flora e fauna.

    {flowplayer}images/salnes/XORNADAS_CANDEA.flv{/flowplayer}

    Esta iniciativa da agrupación Candea, cumpre este ano a 14 edición. As xornadas están dedicadas á biodiversidade, e van dirixidas a profesores de todos os niveis e especialidades para que poida formarse un pouco máis sobre a cuestión.

    O luns a encargada da inauguración foi unha conferencia sobre a natureza na comarca. Despois de que onte dedicasen a tarde ó estudo de árbores do monte da Pastora, hoxe a protagonista foi a praia da Lanzada e o seu ecosistema.

    Esta edición conta con 42 profesores inscritos, que ven no programa ofertado por Candea a posibilidade de combinar aprendizaxe con diversión, ó romper a dinámica dos cursos tradicionais.

    A Lanzada volverá ser o escenario mañá, pero desta volta as explicacións centraranse nos seus cantís. A visita do venres, que percorrerá un estaleiro do Grove para valorar a interacción entre a natureza e a actividade humana, marcará a fin da actividade, e será entón cando os profesores volvan ser profesores. Iso si, con coñecementos máis actualizados.

    Redacción Salnés