Un incendio nunha vivenda en Lores obriga a desaloxar a cinco nenos

    INCENDIO_VIVENDA_LORES copy.jpg MEAÑO> Un ruído alertou á nai de dous dos cativos que tamén se atopaba no interior da casa. As causas están por determinar.

    {flowplayer}images/salnes/INCENDIO_CASA_LORES.flv{/flowplayer}
     
    O suceso tivo lugar ó redor das catro da tarde. No interior do inmoble no que se ubican dúas vivendas atopábase unha muller cos seus dous fillos e tres sobriños, todos menores de idade. Tras escoitar un ruído no exterior, a rapaza saíu a ver o que acontecía e foi cando se deu conta de que un dos anexos á casa estaba ardendo.
     
    Ó lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e os Bombeiros do Salnés que se encargaron de extinguilo lume. Tarefa que se prolongou ata preto das nove da noite debido a que na zona que ardeu atopábase gran cantidade de roupa. A pesares diso non houbo que lamentar ferido.
     
    O que si destruíu o lume foi o tellado e unha das habitacións. Ata o lugar tamén se achegaron veciños para axudar á muller.
     
    A familia xa puxo esta mañá a correspondente denuncia no Cuartel da Garda Civil de Sanxenxo. Polo momento descoñécense as causas que orixinaron o lume pero sospéitase que puido ser ocasionado por un curtocircuíto. Agora, Trinidade agarda que o segura da vivenda se faga cargo da maior parte das perdidas ocasionadas polo lume.
     
     
    Redacción Salnés