Cinco touroperadores británicos avaliaron esta semana as posibilidades turísticas de O Salnés

    MEAÑO> Un grupo de touroperadores británicos estivo estes días visitando o Salnés para comprobar in situ a calidade da comarca e a súa contorna como posible destino turístico do seu mercado. Unha iniciativa que se engloba dentro das actividades de promoción que nos últimos anos ven desenrolando a Mancomunidade do Salnés. 

     

    Cinco touroperadores británicos levan unha semana na comarca do Salnés, para coñecer de primeira man as posibilidades da zona e os seus principais atractivos, de cara a unha promoción futura nos seus países. 

    Todos eles valoran positivamente a comarca, aínda que inciden na necesidade de traballar en mellorar as comunicacións. 

    Este tipo de encontros enmarcanse dentro da coidada estratexia de promoción da zona, que leva dende hai varios anos a Mancomunidade de O Salnés a fin de conseguir atraer un maior número de turistas ao longo de todo ano, e non só durante os meses estivais, xa que segundo eles mesmos admiten o Salnés ten moito que ofrecer ademais do sol e a praia. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/30/peza_touroperadores_mancomunidade_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/30/peza_touroperadores_mancomunidade.mp4{/flowplayer}