As proxeccións percorrerán Vilagarcía na Semana do Cine

VILAGARCÍA> A programación cultural de agosto en Vilagarcía comeza coa Semana do Cine. Ádega cine club organiza unha nova edición deste certame que este ano dedicarase á relación entre o sétimo arte e a música. Obradoiros, charlas e moito cine tanto nas salas como nas rúas completarán as actividades dun evento que terá lugar do 27 de xullo ao 2 de agosto.

O cine será o protagonista en Vilagarcía dende o 27 de xullo ao 2 de agosto. Ádega cine club organiza unha nova edición da Semana do Cine. Unha programación con diversas actividades relacionadas co cine e que conta co apoio do concello de Vilagarcía.

O evento este ano estará dedicado á relación entre o cine e a música. Por iso a semana comezará con actividades como un obradoiro para aprender a facer videooclips ou clases de swing.

O domingo a programación continuará nas rúas coa proxección na praia da película Psyco Beach Party precedida dun concerto. A partir do luns os pases trasladaranse ao salón García con filmes como Border, Leto, Robert Brand, o coleccionista, e a nomeada aos premios Goya Entre dos aguas.

A semana completarase con curtas para nenos, espectáculos e actividades nas rúas, charlas nas que destacan o papel da muller no audiovisual, a banda sonora como vehículo de emocións ou os dereitos e obrigas dos artistas e pecharase o venres ca proxección, na nova Praza da Independencia, do maquinista da xeral de Buster Keaton acompañada da banda de música de Vilagarcía. Os pases teñen un custo de 4 euros por día ou 10 para toda a semana, agás para os socios, que será gratuíto.