O alumnado da Mancomunidade do Salnés crea pezas en 3D que xa non se fabrican para os barccos do Naútico de Sanxenxo

RIBADUMIA> A Mancomunidade do Salnés pecha o seu curso de impresión 3D cunha exitosa colaboración co Náutico de Sanxenxo. Os 7 participantes aprenderon a utilizar esta tecnoloxía na que a súa principal práctica foi crear pezas para os barcos sanxenxinos. As posibilidades da impresión 3D permiten ao Náutico substituír pequenas pezas que xa non se fabrican.

A manaomunidade do Salnés a través do seu plan integrado de emprego puxo en marcha unha nova edición do seu curso de impresión 3D e escaneado. Un curso no que os 7 participantes aprenderon a utilizar esta novidosa tecnoloxía.

O mundo náutico é a gran novidade deste ano. Xa que a mancomunidade colaborou co Real Club Náutico de Sanxenxo para elaborar pezas para os seus barcos.

Dende o Náutico de Sanxenxo valoran moi positivamente esta colaboración, asegurando que demandarán más pezas nas vindeiras datas. Para a mancomunidade é unha oportunidade para que os participantes do plan integrado podan atopar unha saída laboral.

Tanto a xunta como os concellos felicitaron á mancomunidade polo bo funcionamento dos seus obradoiros de emprego, tamén a novidade de crear pezas para o sector náutico, xa que isto demostra que outros sectores como o industrial tamén poderían aforrar moitos custes con esta tecnoloxía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí