A serpe da Volta a Galicia tingue de cores as estradas do Salnés

SANXENXO> Os concellos da nosa contorna foron os protagonistas hoxe da segunda etapa da Volta a Galicia. A proba, con inicio e remate en Sanxenxo, percorreu localidades como Meaño, Vilagarcía, Cambados, Caldas. Antonio Ángulo, do Club Ciclista Rías Baixas, fíxose co triunfo da xornada, marcada pola dureza de tres altos de montaña.

A serpe multicor da Volta a Galicia percorreu nesta xornada moitos dos recunchos da nosa contorna. A segunda etapa da proba arrancou e rematou en Sanxenxo. Partiu á 1 do mediodía deste paseo de Silgar para continuar por Cambados, Meaño, Vilagarcía e Catoira. Alí chegou o primeiro porto de montaña, de terceira categoría, Carracedo. A Volta tamén pasou por Caldas, Ribadumia e Meis. Superado o Alto do Busto, tiveron que enfrontarse ó da Escusa. Unha etapa, sen dúbida apaixoante, que moitos non quixeron perder.

Algúns, de turismo pola zona, non tiñan nin idea de que hoxe Sanxenxo ía acoller esta segunda etapa. Outros aproveitaron a súa estadía na vila para animar ó seu equipo.

Antonio Ángulo do equipo Rias Baixas) foi o máis rápido dos corredores de cabeza, acadando finalmente o triunfo desta segunda etapa. O novo líder da proba é Sergio Vega, do grupo Froiz.