Os hostaleiros de Vilagarcía desaproban as medidas da Xunta e mobilizaranse “para poder traballar”

VILAGARCIA> As reapertura da hostalería non contenta a moitos establecementos. Dende Vilagarcía a asociación Ahituvi rexeita as medidas adoptadas e anuncian medidas de protesta.

Os hostaleiros de Vilagarcía móstranse en contra das medidas adoptadas pola xunta para reabrir o sector nos concellos con restricións. Dende Ahituvi reclaman que se deixe de criminalizar aos seus negocios.

Os hostaleiros non entenden que lles obriguen a pechar os seus negocios ás cinco da tarde. Reclaman volver ao horario do verán.

Dende a asociación tamén advirten que moitos negocios están a punto de pechar para sempre, por elo piden unha redución da presión tributaria e axilidade ás administracións á hora de xestionar ás axudas.

Os hostaleiro de Vilagarcía preparan actuacións para mostrar a súa protestas. Nas súas reivindicacións contan co apoio do comercio local.

Os hostaleiros reuníronse hoxe co concello para trasladarlle as súas preocupacións, recibindo o apoio do goberno local. Dende Ahituvi tamén anunciaron que comezarán coas  mobilizacións nos vindeiros días, en canto as novas medidas entren en vigor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí