Manuel Abalo descarta unha resposta pública a Pérez Longo

plantilla_deportesresposta_abalo.jpgVILAGARCÍA> O ex secretario arlequinado acusara ó Presidente da Xestora do Arosa de ser violento e ditatorial. Abalo afirma que a xestora tan só dará a súa versión dos feitos na asamblea.

{flowplayer}images/salnes/RESPOSTA_ABALO.flv{/flowplayer}

O culebrón ex secretario-presidente parece que non terá máis capítulos, polo de agora. Ou iso pretende Manuel Abalo. Onte manifestou que dende a directiva arlequinada, non se quere entrar no tema, tal e como se decidira na xuntanza da Xestora o pasado xoves.

Manuel Abalo sinalou que teñen moitas máis preocupacións e que non van entrar en polémica cun señor, engadiu, que quere ser protagonista. Así de taxante mostrouse o presidente do Arosa ante as duras declaracións realizadas polo ex secretario, Ramón Pérez Longo. Nelas acusaba a Abalo de ser violento, ditatorial, agresivo, con aires de grandeza e que non soporta que ninguén lle leve a contraria. Unhas críticas que Pérez Longo verteu despois de abandonar o seu cargo o pasado un de setembro, e de, segundo o ex secretario, solicitar á executiva do club unha explicación pública dos feitos acontecidos para chegar a tomar esa decisión.

Pese a toda a presión, Abalo considera que non é o momento de polemizar e darle máis protagonismo a esta persoa. Aínda que matizou que as explicacións oportunas do acontecido, expresaranse na asamblea de final de tempada ou atendendo nas oficinas do club a aqueles socios que queiran saber algo ó respecto.

Deste xeito, Manuel Abalo e os seus compañeiros da Xestora pasan páxina no caso do ex secretario, e aseguran que manteñen a súa atención e esforzo para solucionar os distintos problemas reais do club.

Redacción Salnés