Fútbol solidario por unha boa causa

BOIRO> O comité boirense da Asociación Española contra o Cancro promove un partido de fútbol de veteráns coa finalidade de recadar fondos para a entidade. O encontro terá lugar este próximo sábado a partir das seis da tarde no campo municipal de Vista Alegre e enfrontará a dous clubs locais, o KIR´S e o Barbantia. A recadación de taquilla irá destinada íntegramente para asociación ó igual que a venda de rifas para o sorteo de agasallos donados por diversas casas comerciais. Ó remate do partido serviranse racións dunha paella popular que será cociñada no campo. O concello de Boiro colabora tamén con esta actividade.