Celta Selkmar e Universitario Ferrol disputaranse o I Torneo Concello Boiro

BOIRO> A cita será este próximo venres no pavillón da Cachada a partir das oito da tarde. O encontro está organizado polo Club Baloncesto Santa Baia. Os afeccionados ó mundo do basket teñen unha cita este próximo venres en Boiro, coa disputa do primeiro torneo de baloncesto feminino Concello de Boiro—Restaurante Arume. O encontro, organizado polo Club Baloncesto Santa Baia en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto e o propio concello boirense, terá lugar ás oito da tarde no pavillón da Cachada e enfrontará ó Celta de Vigo co Universitario de Ferrol. A cita xorde coa finalidade de promocionar este deporte, non só a nivel local senón en toda a comarca do Barbanza. Dende o propio concello destacaron a importancia deste torneo, do máximo nivel deportivo a nivel galego, no que tomarán parte dous dos clubs máis representativos da nosa comunidade. O alcalde, Xoán Xosé Dieste, queixo agradecer o traballo que realiza o Club Baloncesto santa Baia de cara a promoción deste deporte. Dende a organización agradeceron a colaboración tanto do concello coma do restaurante Arume que coa súa inestimable axuda fixeron posible a celebración deste primeiro torneo, facendo ademais un chamamento a acudir ese día ata o pavillón da Cachada para presenciar o encontro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí