Claro dominio do Cambados TM no Campionato Galego

tenis_mesa250_170608.jpgCAMBADOS > Os xogadores do Cambados Tenis de Mesa están en racha e así o demostraron no Campionato Galego Infantil e Cadete, disputado no pavillón de San Tomé. O dominio local veuse sobre todo en dobres cadetes, onde conseguiron tódolos títulos.

O Campionato Galego Infantil e Cadete de tenis de mesa disputado en Cambados tivo un claro dominio local. O Cambados TM logrou moi bos resultados, sobre todo en cadete, onde as parellas locais se fixeron con tódolos títulos. Fernando Padín e Eduardo Barreiro proclamáronse campións de Galicia en categoría masculina, mentres que Gema Cores e Raquel Martínez fixeron o propio en categoría feminina. O título tamén o conseguiu a parella Gema Cores e Eduardo Barreiro en dobres mixto. Fernando Padín e Raquel Martínez tiveron que conformarse co cuarto posto, mentres que Rubén Lois e Tomás Carbajal foron sextos.

En categoría infantil, os resultados tamén foron satisfactorios, a pesar de que ningunha parella logrou o campionato. Destacan os terceiros postos acadados polas duplas de Raquel Martínez con Cristina Barreiro en féminas, e con Martín Regueiro, en mixto. O propio Regueiro, xunto a Iván Lois, foi cuarto en categoría masculina. E cuartos tamén foron, Iván Lois e Cristina Barreiro en mixto. Para o Cambados TM estes resultados demostran a gran labor que está a facer o seu adestrador Karol Hasek.

Redacción Salnés