O Establecementos Otero vence ó Porriño por 44 puntos

plantilla_deportesestablecementosotero.jpgCAMBADOS> O Establecementos Otero continúa transmitindo boas sensacións. O Porriño, equipo que milita na primeira nacional, padeceu a intensidade dos cambadeses.

Os de Porriño sufriron a maior intensidade dos cambadeses, especialmente na segunda parte. As concesións defensivas marcaron o xogo dos amarelos durante os primeiros vinte minutos. Pese a elo, se foron ó descanso cun dominio claro no marcador, aínda que sen mostrar a imaxe dun equipo plenamente concentrado. Unha vez superado o ecuador, o Establecementos Otero mostrou a súa ambición. Froito delo, as diferencias se foron ampliando ata chegar ós 44 puntos finais. No electrónico, 47-91 a favor dos cambadeses.

Por outra parte, o Xuven xa prepara o partido contra o Barcelos portugués do próximo sábado no Trofeo Albariño.

Redacción Salnés