Os praceiros de Vilagarcía irán á folga por temor e non por convicción

    FOLGA copy.jpg SALNÉS> Así o manifestou o Presidente da Asociación dos praceiros. Tampouco irá a FECA porque creen que é unha folga política.

    {flowplayer}images/salnes/FECA_ENQUISAS_FOLGA_XERAL.flv{/flowplayer}

    A maioría dos praceiros de Vilagarcía asistirán a folga convocada polos sindicatos para o vindeiro 29 de setembro. Así o manifestou esta mañá o presidente da Asociación de comerciantes da Praza de Abastos pero matizou que o farán por temor a posibles represalias por parte dos piquetes e non por convicción.

    Limeres informou que o mercado abrirá as súas portas igualmente pero que xa se trata dunha decisión de cada praceiro asistir ou non á folga. Confesa ademais, que a esta cifra contribúe o feito de que se trata dun día no que habitualmente hai poucos postos funcionando.

    Pola súa parte, desde a CIG do Salnés destacan que a folga está tendo moi boa acollida entre os diferentes colectivos da comarca, froito da labor que están a realizar nas diferentes empresas. Polo momento, outro colectivo facía público esta mesma mañá o seu rexeitamento á folga. A Federación Comarcal de Empresarios de Arousa cualificárona de política, incongruente e innecesaria.

    Mentres, as iniciativas para conseguir o maior número de asistentes continúan. Mañá pola mañá, membros do BNG de Vilagarcía repartirán panfletos informativos na Praza de Abastos da localidade para animar ós cidadáns a que se unan á folga.

    Redacción Salnés