J.J. Chicolino: Un ano despois da traxedia

    aniversarioincendio.jpgBOIRO> Juan José Fajardo, propietario da cordoería arrasada por un incendio, proxecta construir unha nova nave nunha parcela do polígono de Espiñeira.

    Malia ter pasado un ano, a Juan José Fajardo, xerente e propietario da Cordelería J.J. Chicolino, aínda se lle ensombrece o rostro ó contemplar os restos calcinados do que foi a súa empresa.

    Novo emprazamento

    Fajardo traballa na construción dunha nova nave industrial no polígono industrial de Espiñeira. Aínda está perfilando o proxecto, pero xa ten claro que será una cordoería máis grande e moderna que a que ardeu, na que investirá máis de tres millóns de euros. Xa case ten descartado volver a instalarse neste emprazamento. Este lugar, asegura o empresario, sería máis adecuado para outro tipo de negocio, como un centro comercial.

    {flowplayer}barbanza/aniversarioincendio.flv{/flowplayer}

    O empresario boirés trata de conseguir a financiación necesaria para a posta en marcha deste proxecto, algo moi complicado nestes momentos de recesión económica. Non obstante asegura que conta con respaldo das Administracións Públicas.

    A firma J.J. Chicolino continua desenvolvendo a súa actividade en varios locais alugados. “Volver a comezar foi moi duro”, lembra Fajardo, pero asegura que na actualidade, "a actividade industrial prácticamente recuperou o ritmo que mantíñamos antes do incendio".

    Limpeza e reciclaxe

    Nas instalacións da antiga factoria realizanse traballos de limpeza das toneladas de redes, cadeas e cordas que aínda permanecen na explanada. Como mínimo será preciso que pase outro ano máis para que a parcela quede totalmente limpa.

    Alí instálaronse varios paneis solares para rentabilizar as inxentes perdas que deixou tras de sí o incendio, estimadas en torno ós nove millóns de euros. Paralelamente a este traballo de limpeza, varios operarios instalan un sistema soterrado antincendios. Unha lección ben aprendida tras o lume, asegura con tristeza o empresario, xa que, "se de aquela existirán estes medios e recursos as consecuencias poderían ter sido outras”. Porén, non quere botar a vista atrás e lle custa facer balance sobre o acontecido, porque dí “é xa pasado” pero é consciente que houbo erros evitables.

    Con todo, o empresario móstrase satisfeito e optimista de cara ó futuro. Confesa que recibiu moitos apoios do sector empresarial da comarca e dos vecinos do Boiro. Agradece as mostras de cariño que o axudaron a seguir adiante nos momentos máis duros, nos que mesmo pensou en deixar a actividade industrial.

     Redacción Barbanza