![]()
GROVE> Así respondeu o edil de Seguridade Cidadá á polémica xurdida despois de chamarlle á atención á Policía Local polas escasas multas tramitadas.
{flowplayer}images/salnes/GROVE_HORAS_POLICIA_280812.flv{/flowplayer}
2140 multas tramitadas no concello de O Grove o ano pasado e poucas máis de 500 no que vai de 2012. Esta diferenza foi o que levou ó edil de Seguridade Cidadá a remitir un comunicado ó xefe da Policía Local onde lle deixaba patente que ante a falta de fondos recadados ían deixar de cobrar horas extra e que os operativos de radar se farían dentro do horario laboral. E o farán así, explicou, porque, ademais, a partida de case sesenta mil euros para tal fin está case esgotada.
Mentres entre os axentes caeu coma unha xerra de auga fría, Fredi Bea confesou que non se lles está pedindo que multen máis senón que só cumpran co seu traballo que, sospeita, non están facendo.
Ademais, ó parecer os axentes da Policía Local tamén se sentían discriminados con respecto ó servizo de emerxencias e por non proporcionarlle material novo. A este respecto Fredi Bea confesou non entender estas declaracións cando, asegurou, este ano o concello gastou 10.000 en uniformes novos. Só queren, dixo, facer dano político faltando á verdade.
E ¿como ven os veciños esta polémica? Pois a maioría deles ven con bos ollos o que entenden é unha chamada de atención por parte do edil de Seguridade Cidadá.
Desde Canal Rías Baixas tamén tentamos poñernos en contacto coa Policía Local pero rexeitaron facer declaracións ó respecto.
Redacción Salnés









