CALDAS> A ETAP ten dificultades para depurar. Por este motivo, continúan os cortes no suministro, por segunda xornada consecutiva.
{flowplayer}images/salnes/CORTES_AUGA_CALDAS.flv{/flowplayer}
O Concello de Caldas de Reis, trasladou onte a Augas de Galicia a dificultade da depuradora para potabilizar a auga que chega con gran cantidade de materia en suspensión. Os filtros atáscanse moi rápido e é necesario limpalos cinco veces ó día, producíndose cortes xerais.
O alcalde da localidade, culpa a Augas de Galicia do mal estado do encoro da Baxe. Juan Manuel Rey sinala que este é un problema que se vía vir. Asegura que el e a alcaldesa de Cuntis, levan dende o pasado mes de outubro pedindo a limpeza do río e o encoro.
Pese ás mensaxes de tranquilidade por parte das administracións locais e autonómicas, a xente non se fía, e prefire abastecerse de auga das fontes ou comprándoa no supermercado. O rexedor caldense asegura comprender o temor da xente e que el mesmo compraría auga para o seu consumo.
Juan Manuel Rey sinalou que a próxima semana remitiranse cartas ós veciños cos resultados das analíticas que, ata o momento, están asegurando a potabilidade da auga.
Redacción Salnés