Cambados amplía a súa rede de fibra óptica

CAMBADOS> Cambados continúa ampliando o servizo de fibra óptica. A rede estase estendendo polo casco urbano da vila, entre a zona de Fefiñás e San Tomé. En total, poderanse ver beneficiadas unhas 600 vivendas. A maioría do tendido vai á vista, no sitio do vello. Nos puntos máis emblemáticos ou nos cruces principais, a instalación vai baixo terra, para crear un menor impacto visual. Despois dalgunha negativa, o Concello anima aos veciños a que se permita o paso dos cables polas súas fachadas.

Estes operarios traballan hoxe na instalación da fibra óptica neste cruce da Avenida de Galicia co barrio de San Tomé. Esta é unha das zonas de Cambados que se ve beneficiada pola instalación do tendido da fibra.

Os traballos son posibles grazas a unha subvención do goberno central. Con ela vaise actuar no casco urbano que, a diferenza de varias zonas do rural, carecía aínda deste servizo.

A maioría do tendido vai á vista, no sitio do vello. Isto supón un problema para os técnicos, ante a negativa dalgúns veciños de que o servizo pase pola súa fachada. O Concello fai un chamamento, polo ben común.

Nos puntos máis emblemáticos ou nos cruces principais, a instalación vai baixo terra, para crear un menor impacto visual.

A expansión da fibra óptica continuará o ano que vén, en base a outra liña de axudas, por outros puntos do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí