![]()
SALNÉS> Segundo a xerencia do hospital, o día de parón só foi secundado por un 11,7% da plantilla.
{flowplayer}images/salnes/HOSPITAL_SALNES1.flv{/flowplayer}
A normalidade dentro do funcionamento do hospital só foi alterada por un grupo da enfermaría de quirófano que secundou o parón. Ante esta paralización, o xerente asegurou que o hospital continúa atendendo ós pacientes, e que se están priorizando as intervencións de patoloxías urxentes e tumores.
Os servizos de urxencias, diagnóstico e consultas funcionaron durante toda a mañá ó 100%. Sen embargo dende o centro sinalan unha menor afluencia de pacientes.
Segundo a xerencia, a programación do hospital prepárase como se se tratara dunha xornada de domingo. Sen embargo, para esta convocatoria os sindicatos de médicos e enfermeiros confirmaran hai uns días que non secundarían a folga, o que permitiu ó centro manter o programa habitual para os días de semana.
Redacción Salnés







