VILANOVA> Dez minutos interminables. Así viviron o empresario vilanovés Jacinto Vidal e a súa familia o atraco que sufriron na súa casa o mércores á noite. Unha banda de encarapuchados entraron no domicilio, maniataron ó home, levaron á muller ata a caixa forte para que lles entregara carto se xoias e logo retiveron á filla que chegou sorprendendo in fraganti ós atracadores. Tranquilo pero preocupado pola súa familia. Así se atopa o construtor vilanovés Jacinto Vidal despois de sufrir na noite do mércores un asalto na súa casa. Esta mañá o alcalde da localidade transmitía ós medios o seu sentir apenas uns intres despois de verse co empresario. Todo aconteceu na noite do mércores, cando Vidal e a súa dona se atopaban vendo a televisión. Catro individuos encarapuchados irromperon entón dirixíndose cara o construtor, ó que ataron de mans e pés. Á muller collérona para que os levara ó piso superior ata a caixa forte. Alí gardaba nos cartos para os gastos do mes. Actuaron con rapidez. Tras chegar á caixa forte maniataron tamén á muller, que deixaron nunha habitacións. Ó parecer neses intres non estaba pechado o cerrado da propiedade nin activada a alarma. O matrimonio estaba agardando pola filla e o seu neto, de seis anos. Os dous chegaron collendo ós ladróns coas mans na masa. Tamén ataron á filla, non ó cativo. Despois de coller cartos e xoias, marcharon. Foi precisamente o neno o que liberou á nai despois de que esta lle pedira que fora a buscar unhas tesoiras á cociña para cortar as bridas coas que lle ataran as mans. Liberada ela, fixo o mesmo co pai e a nai. Hoxe mesmo o alcalde tiña previsto falar co subdelegado do goberno en Pontevedra para que se tomen tódalas medidas precisas para deter ós responsables. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/06/atracovilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/06/ASALTO_EMPRESARIO_BAION.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas