![]()
VILAGARCÍA> Nesta quinta edición presentáronse 12 obras, dúas delas desclasificadas por incumprir as bases do certame.
{flowplayer}images/salnes/PREMIO_POESIA_BOUZA_BREY.flv{/flowplayer}
O certame de poesía Fermín Bouza- Brey non tivo ningún éxito na súa quinta convocatoria.Tan só doce obras presentadas e dúas, incumprindo as bases do concurso. A falla de orixinais presentados ao premio, non é, segundo o prestixioso xurado, reflexo da situación que vive a poesía galega, da que, aseguran, nunca estivo tan fornecida de discursos tan plurais. Están todos de acordo en que o fallo, foi a pouca publicidade que se lle deu ao Premio.
Logo de coñecer a decisión do xurado, declarando deserto o premio, o Concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, anunciou que os tres mil euros cos que estaba dotado o Premio, engadiríanse á vindeira convocatoria do Fermín Bouza- Brey. A sexta edición do Premio de Poesía Fermín Bouza- Brey, contará cun galardón en metálico de seis mil euros.
Redacción Salnés









