Sae a subhasta o Pazo de Vista Real por un valor de 2 millóns de euros

    SUBHASTA_PAZO copy.jpg SALNÉS> Mañá comeza a subhasta dos bens que lle foron decomisados ó Clan dos Charlíns. As propiedades ascenden ós 8 millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/PREVIA_SUBHASTA_CHARLIN.flv{/flowplayer}
    Entre mañá e o dezanove de outubro subhastaranse os bens que lles foron comisados ós Charlíns fai uns anos a raíz dunha sentenza que comprobou que a familia os adquirira con diñeiro obtido do narcotráfico.
    Entre estas propiedades atópanse pisos, garaxes, negocios ou bateas. Pero o ben máis valorado é o Pazo de Vista Real que sairá a subhasta por un importe de dous millóns de euros. En total, oito millóns de euros.
    No caso do Pazo de Vista Real, a Axencia Tributaria, concello de Vilanova e Deputación de Pontevedra xa mantiveron conversacións para buscarlle un saída ó inmoble no caso de que a primeira e a segunda subhasta queden desertas. Será entón cando se adxudique de maneira directa á institución que considere pertinente por un prezo estipulado. Trátase, da maior subhasta realizada ata a data en Galicia por branqueo de capital procedente do tráfico de droga.
    A primeira propiedade que mañá sairá a subhasta será a conserveira Mar Blanco por valor duns cen mil euros.
    Redacción Salnés