Xa están operativos seis quilómetros e medio do corredor entre Brión e Martelo

corredorbrionnoia.jpgROIS> O presidente da Xunta presidiu a inauguración en funcionamento do primeiro treito do corredor Brión-Noia.

{flowplayer}barbanza/inauguracioncorredorbrionnoia.flv{/flowplayer}

A posta en servizo do primeiro treito desta vía de alta capacidade suporá un aforro do tempo de desprazamento en máis dun cincuenta por cento entre Brión e Martelo. A súa execución supuxo un investimento de máis de corenta millóns de euros. O trazado, de 9’3 quilómetros, conta con dous enlaces, en Urdilde e Martelo, un viaduto de douscentos oitenta metros en Naveira, catro pasos inferiores e nove superiores.

Trala inauguración deste primeiro treito, o goberno galego agarda poñer en servizo a segunda fase entre Martelo e Noia en tan só uns meses, conectando así a comarca con Santiago a través de vías de alta capacidade.

Futura autovía

Esta non é a única infraestrutura viaria na que traballa a Xunta para artellar as comunicacións nos municipios da bisbarra noiesa. Unha vez rematado o corredor inciarase a redacción do proxecto para o seu desdobremento en autovía.

A estes proxectos engádese a variante de Outes, que estará rematada no prazo de dous meses, e a tan ansiada ponte sobre a ría de Noia que será unha realidade no 2010.

Todo co único obxectivo de mellorar a conexión da zona máis occidental da provincia co resto de Galicia, á vez que se acurtan os tempos de desprazamento e se garante unha maior seguridade viaria.

Redacción Barbanza