O Concello de Meis renova o seu apoio ao festival Armenteira Jazz

MEIS> O Concello de Meis seguirá apostando polo festival de jazz da Armenteira. Esta mañá, a alcaldesa da localidade renovou o convenio de colaboración coa Asociación Terras Altas do Salnés, entidade organizadora desta cita musical.En virtude desta colaboración, o concello concede para o festival unha axuda de 3.000 euros.

Marta Giráldez destaca que para o goberno local este é un dos eventos culturais máis importantes dos que se celebran no concello, apuntando que dende a súa chegada á alcaldía a contía economómica aumentou, para garantir a viabilidade do festival.

Pola súa banda, dende o colectivo salientaron que esta é  única vía de financiamento coa que contan, de aí a súa importancia. A organización, por certo, está a traballar xa na programación da que será a novena edición xa deste Armenteira Jazz. Unha cita que terá lugar a mediados do mes de xullo.