Volve ‘Chalana’ con máis artesáns e máis días de feira

PONTEVEDRA> O vindeiro xoves a praza da Ferrería de Pontevedra converterase en escaparate da artesanía galega. Chega Chalana, unha feira que este ano cumpre sete edicións como un referente xa no sector que atrae a veciños e foráneos. Por certo que este ano trae máis postos e máis días, para no ter que ampliar calendario como en edicións pasadas. Máis postos e máis días. A feira Chalana de Artesanía adáptase ás demandas dos visitantes e este ano incorpora catro artesáns novos, sumando 16, e estende a súa duración durante máis de quince días, ata o cinco de agosto. Téxtil, obxectos de coiro, instrumentos musicais, xoguetería ou artiluxios de metal serán algúns dos artigos que se poderán admirar e comprar en Chalana. O horario de apertura será polas mañás entre as once e as dúas e nas tardes, das sete ás once da noite. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/14/FEIRACHALANA2014.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/14/FEIRA_CHALANA_2014.mp4{/flowplayer}