Quintana chama ós patróns maiores a participar nos GAC

conxemarasembleapatrons_copia.jpgVIGO> A conselleira do Mar fixo estas declaracións esta mañá en Vigo na Asemblea de Patróns Maiores. A xuntanza formaba parte dos actos programados dentro da feira Conxemar que se celebra estes días na cidade olívica.

{flowplayer}barbanza/conxemarasembleapatrons.flv{/flowplayer}

A titular de Mar aproveitou a súa presenza no acto inaugural da Asemblea de Patróns Maiores, que tivo lugar esta mañá en Vigo, dentro dos actos da Feira Conxemar, para facer un chamamento ós patróns maiores das confrarías galegas á unirse e a colaborar no seo dos Grupos de Acción Costeira, xa que segundo ela, é unha iniciativa fundamental para dinamizar económicamente o litoral galego.

Logo de inaugurar a asemblea, Rosa Quintana, acompañada do director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, fixo un percorrido polos diferentes expositores de Conxemar, salientando que 114 dos 553 stands de diferentes países que participan nesta XII edición da feira sexan galegos, o que pon de manifesto a importancia da industria transformadora galega.

Redacción Barbanza